A Agrupación Folclórica Ancoradoira nace o 26 de Agosto de 1990 co obxectivo fundamental de recoller, manter e divulgar a riqueza folclórica e cultural de Galicia ao servizo do pobo. Ao longo dos anos foi moita a xente que formou parte da agrupación, xente que co seu esforzo e compromiso axudou a divulgar e expandir a nosa cultura de xeración en xeración e levala a tódolos recunchos tanto nacionais como internacionais.
No seu extenso repertorio están recollidas danzas, que a través do tempo perduraron no noso folclore, ao mesmo tempo continuamos colaborando na recuperación das mesmas, provintes das diferentes zonas da xeografía galega.
Tódolos anos, dende 1995, a Agrupación Folclórica Ancoradoira leva a cabo un Festival Internacional no mes de Xullo, no que participan diferentes grupos da nosa comunidade así como das diversas rexións de España e do estranxeiro.
No ano 2009 gravouse o primeiro cd da agrupación co título de “Vivan os que andan no baile”, como dedicatoria a tódolos/as bailadores/as da nosa terra que mantiveron e manteñen vivas as nosas raíces culturais e de identidade.
Na actualidade conta con diversas sección como clases de:
- Pandeireta
- Tambor
- Gaita
- Baile adultos
- Baile nenos/as
Por último destacar que todo isto non sería posible si os mais novos non seguisen co gusto e o compromiso pola tradición e cultura galega, por iso dende a agrupación, se lle quere dar a importancia que se merecen os mais pequenos e, no ano 2013, realizou o I Festival Infantil no que participaron diversos grupos infantís da comarca.