Historia

Este esparcemento do noso folclore vese reflexado nas diversas actuacións que realiza a agrupación, destacando as realizadas por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como nas diferentes rexións de España con motivo dos seus Festivais Nacionais e Internacionais, destacando, entre outras, as realizadas en Tenerife, Ibiza, Segovia, Ciudad Real, Menorca, Zamora, Malaga, Valencia, Murcia, Mallorca, Gran Canaria,…

Ademáis, cabe sinalar outras actuacións internacionais, destancando varias realizadas en Portugal, como en Viana do Castelo, Anadia, Aveiro, Ilhavo, Braga, Cambra e Águeda; e outras realizadas en outros lugares de Europa como a Romería do Condado de Kent e o “Parlamento inglés” en Londres, así como en San Petesburgo e Moscú en Rusia.

Nas actuacións da agrupación amósase unha pequena mostra de algunhas pezas representativas da Música e Baile Tradicionais de Galicia. No repertorio acutal, por medio de diferentes traballos de información, recopilación e investigación, está composto por mais de 40 pezas de diferentes pobos e lugares de toda Galicia.