Dorothé na vila

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida.

Podedes ver o documental completo na seguinte ligazón:

https://vimeo.com/457417985