I Xuntanza dos grupos folclóricos de Culleredo

Este 1 de Xuño de 2024 temos festa en Culleredo! Invitámosvos a vir ao primero xantar dos grupos folclóricos de Culleredo no Pavillón do Centro Social de Castro Laxe. Temos novidade de última hora! As rapazas de AleAlé estarán refrescándonos o serán coas súas cervexas artesanais!

Dorothé na vila

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos… Seguir lendo Dorothé na vila

Publicada o
Categorizado como Xeral Etiquetado como